A Asociación MOREA contou de novo este ano nas súas sedes de Ourense e O Barco co Equipo de Apoio Social (EASC), coa financiación da Diputación de Ourense, o que permitiu achegar a atención domiciaria no seu propio entorno a persoas con enfermidade mental crónica, e as súas familias. Así mesmo, e tamén grazas á axuda da Deputación, puido desenrolarse en Verín o Programa de Formación en T.I.C. para Persoas con Enfermidade Mental Crónica.
O Equipo de Apoio Social (EASC) traballou en:
- Apoiar o mantemento no propio domicilio e no seu entorno comunitario
- Promove-lo desenrolo das capacidades e autonomía persoal, social, e de manexo comunitario.
- Evitar situacións de marxinación e abandono.
- Apoiar a utilización de recursos.
- Apoiar a mellorar a convivencia familiar e aliviar situacións de sobrecarga.
- Colaborar a mellorar a rede de atención de saúde mental e de servizos sociais.
O Programa de Formación en T.I.C. para Persoas con Enfermidade Mental Crónica consistíu en:
- Formar a persoas con enfermidade mental crónica no uso das tecnoloxías da información e a comunicación.
- Mellorar o coñecemento e uso da computadora a nivel de usuario coma ferramenta integradora a nivel social e laboral.
- Dotar de coñecementos teóricos e prácticos para o uso de ferramentas básicas (procesadores de textos e follas de cálculo).
- Creación e edición de imaxes.
- Uso básico do sistema operativo.
- Uso de Internet coma ferramenta de búsqueda de información, fomento de relacións sociais e búsqueda de recursos laboráis.
Agradecemos á Deputación de Ourense o esforzo económico realizado. Grazas a colaboracións coma ésta, MOREA poder brindar un mellor servizo ós usuarios e as súas familias.
Para poder colaborar con MOREA,escríbenos a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
o llama al 988 23 74 54