
A integración dos enfermos mentais na dinámica social non está exenta de trabas, moito máis se nos referimos ó mundo laboral. Dende a Asociación MOREA, por medio de diversos talleres pre-laborales, procúrase axudar ó usuario neste paso. Un exemplo témolo na reciente posta en marcha de galiciasport.com... unha web que dará que falar.
'Todo o deporte galego ó teu alcance' é o lema que nos atoparemos ó visita-la páxina... e podo constatar que así é. Dende fútbol ou baloncesto ata hockey, ping pong ou axedrez... nada se lles escapa ós responsables de Galiciasport, pertencentes todos eles ó taller de informática da Asociación MOREA. Un coidado deseño estético e de redacción (sempre pensando e que non son profesionais), e un punto de vista diferente, mais familiar e totalmente parcial a favor do deporte galego. Tratamento especial ós deportes minoritarios, guía de equipos, foro... ata un pequeno xogo de pronósticos da terceira división galega; e sobre todo o traballo da xente, o traballo e a ilusión.
Porque sen ilusión non se fai nada. O taller de informática da asociación, que naceu da necesidade de acercar as novas tecnoloxías ó colectivo de afectados pola enfermidade mental, deu o salto da pasividade á producción de contidos, con resultados sorprendentes. Nun futuro nada lonxano dende este mesmo taller ofertaránse tamén a creación á medida de webs personalizadas a terceiros; isto é só o comenzo. Polo de agora, vóuvos recomendar a visita asidua a GaliciaSport (para complementa-la información de La Región, claro está) e a miñas felicitacións ós creadores.