O Concello de Ourense ven de renovar a súa colaboración coa A.F.E.M. Morea, destinada á integración social de persoas con enfermidade mental severa e as súas familias.
Dentro deste proxecto levaranse a cabo diferentes actuacións, entre elas:
- Información, asesoramento e supervisión de persoas con enfermidade mental severa e as súas familias.
- No Clube Social, actividades para a organización e aproveitamento do tempo libre dos doentes como medio pra favorecer a integración na comunidade.
- No cíber, e de cara ao público en xeral e a os socios da entidade, acceso á sala de informática, ca finalidade de promover a interacción ca comunidade e promocionar o achegamento ás novas tecnoloxías.
- Campañas públicas de información e sensibilización á sociedade acerca da enfermidade mental severa.
Agradecemos ao Concello de Ourense a súa implicación e sensibilidade na axuda ao colectivo de persoas con enfermidade mental severa e as súas familias.
Para poder colaborar con MOREA,
escríbenos a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
o llama al 988 23 74 54